A Xunta destaca que Ludoconcilia é un campamento inclusivo que fomenta a corresponsabilidade e a conciliación na contorna rural
María Quintiana sinalou que o Executivo autonómico financia con máis de 7.000 euros esta iniciativa de conciliación a través da liña de axudas para entidades sociais do Plan Corresponsables
Salvaterra de Miño (Pontevedra), 23 de xullo de 2025
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, acompañou esta mañá ás nenas e nenos do campamento Ludoconcilia de Femupo. Durante a súa visita, destacou que se trata dunha iniciativa integradora que impulsa a corresponsabilidade e a conciliación no rural.
María Quintiana sinalou ademais que o Executivo autonómico destina máis de 7.000 euros a esta iniciativa de conciliación a través da liña de axudas para entidades sociais do Plan Corresponsables, cofinanciado polo Ministerio de Igualdade. A través deste campamento, a directora xeral destacou que se benefician ducias de familias da contorna facilitando a súa conciliación nos períodos non lectivos.
A directora xeral recalcou que este campamento inclusivo conta cunha acollida moi positiva por parte das familias; xa que ademais do seu carácter integrador, ofrece actividades lúdicas e formativas na granxa escola A Gorriona, na que a cativada pode aprender máis sobre o mundo rural e a contorna na que viven.