Activo un incendio forestal no concello ourensán de Cualedro, parroquia de San Millao

O lume iniciouse ás 16.38 horas desta tarde e segundo as últimas estimacións supera as 20 hectáreas de superficie afectada

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2025

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Cualedro, parroquia de San Millao.

O lume iniciouse ás 16.38 horas desta tarde e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 2 técnicos, 5 axentes, 9 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 3 avións. Entre estes efectivos figuran tamén os bombeiros de Países Baixos que están a realizar unha estancia formativa en Galicia enmarcada no Mecanismo Europeo de Protección Civil.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Data de actualización: 23/07/2025