Medio Rural recibe ao vice-embaixador dos Países Baixos no marco da cooperación europea contra incendios forestais
2025-07-24
/documents/35297/1791297/20250724_ManuelRdrgzPa%C3%ADsesBaixos.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Verín (Ourense), 24 de xullo de 2025
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, recibiu hoxe o vice-embaixador dos Países Baixos, Daniël Kooij, durante a súa visita á base aérea de Verín-Oímbra, onde estiveron acompañados pola delegación de bombeiros neerlandeses que está facendo a súa formación en materia de incendios forestais en Galicia.
A visita inscríbese no marco do Mecanismo Europeo de Protección Civil, que facilita que profesionais do norte de Europa coñezan de primeira man os métodos, procedementos e ferramentas utilizadas polo Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF) da Xunta. O obxectivo é fomentar a aprendizaxe mutua e o intercambio de coñecementos técnicos e operativos.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 24/07/2025