Intervención do presidente da Xunta na Ofrenda Nacional ao Santo Apóstolo de Santiago
Santiago de Compostela, 25 de xullo de 2025,
Apóstol Santiago, Patrón de España y de Galicia;
Para un pueblo, como el nuestro, orgulloso de sus tradiciones y de su historia, esta Ofrenda Nacional al Apóstol Santiago demuestra que el discurrir de los siglos es compatible con la pervivencia de ritos y manifestaciones que están firmemente enraizados en nuestra cultura, en nuestra forma de ser y también en nuestra fe.
Agradezco a Su Majestad el Rey Felipe VI la encomienda de representarle en esta ceremonia, un honor que asumo con responsabilidad y con orgullo como representante ordinario del Estado en Galicia, siempre leal a la Constitución española y a las instituciones que de ella emanan y culminan en la Corona.
Para su Majestad el Rey y para la Familia Real invoco, Santo Apóstol, tu protección:
Para que continúe desempeñando con acierto y ejemplaridad las altas responsabilidades que le corresponden, especialmente en un momento, como el actual, en el que se necesitan -todos necesitamos- referentes de integridad personal e institucional.
La figura de Felipe VI inspira confianza y emana credibilidad, dentro y fuera de nuestras fronteras. Que así sea también en el futuro.
Desde finales del primer milenio un flujo incesante de peregrinos -cada vez más intenso, es cierto, en los últimos tiempos- se dirige a esta Catedral, desde los lugares más variados del planeta, vienen a venerar el sepulcro y la memoria del Apóstol Santiago.
En palabras del profesor Sánchez Albornoz, “millares de príncipes, caballeros, burgueses, juglares, sacerdotes, abandonaron sus hogares para recorrer miles de millas por caminos inseguros y difíciles, cruzaron montes y ríos, atravesaron tierras generosas y también tierras inhóspitas, sufrieron nieves, lluvias, soles, y se alojaron donde la ventura les procuraba albergue.
Cubiertos con los hábitos humildes del romero, padecieron dolores y fatigas para obtener el perdón de sus pecados, solicitar gracias o agradecer mercedes. Fervores religiosos les empujaban hacia Compostela. Y esas fuerzas anímicas dieron frutos en la vida literaria y artística, en la organización política- social y hasta en la economía de Galicia, de España y de todo el Occidente”.
Décadas después de ser formulada, la esencia de esta reflexión se mantiene intacta, y pone de manifiesto el carácter imperecedero del fenómeno jacobeo.
A pesar de que no siempre se reconozca expresamente, la Europa plural y tolerante de nuestros días, que es pionera en la defensa de los derechos humanos, es heredera de los valores cristianos, que son los mismos que desde sus comienzos inspiran el Camino de Santiago y las diferentes manifestaciones de la tradición jacobea.
Con independencia da súa orixe, condición ou razón última que anime a cada quen a emprender o Camiño, todas e todos os peregrinos comparten - arestora igual que séculos atrás- características e sentimentos. Sentimentos coma a determinación, a tolerancia, a forza de vontade, a constancia ou a busca da transcendencia. Todos son valores desde os que superar calquera adversidade que dificulte alcanzar a meta.
O exemplo dos peregrinos que emprenden o Camiño de Santiago debería marcar o noso rumbo á hora tamén de enfrontar boa parte dos retos que cada un ten por diante:
Acerto e determinación para centrármonos no que de verdade importa, nas necesidades reais das persoas ás que servimos: Ofrecer servizos públicos de calidade, cultivar a cultura do esforzo e a cultura do respecto, afondar na riqueza histórica, cultural e lingüística da que somos depositarios, superar a crise da vivenda, xestionar con éxito os desafíos derivados da irrupción da intelixencia artificial, desterrar para sempre a lacra da violencia -tamén e moi especialmente a da violencia machista-, substituír o insulto polo diálogo e as maneiras de actuar que non son respectables polo respecto para quen pensa diferente.
Acerto, por suposto, para edificar unha sociedade con máis e mellores oportunidades, especialmente para a xente nove a para a infancia; unha sociedade igualitaria, na que prevalezan o mérito, a capacidade e o esforzo; pero tamén, por suposto, unha sociedade solidaria, sempre ao carón do maiores, dos enfermos, das persoas con discapacidade, das que necesitan máis axuda.
Unha sociedade de persoas libres e iguais, na que, coma nos camiños ninguén, sexa máis ca ninguén: todos iguais en dereitos e tamén obrigas, tamén no acatamento e cumprimento da lei; no reparto das cargas tributarias; na distribución dos recursos públicos para equiparar a prestación de servizos ao conxunto do españois; ou na materialización da solidariedade entre territorios.
E inspiración tamén para atopar o necesario punto de equilibrio desde o que regular con acerto a emigración e tamén para rematar coas mafias que se lucran co tráfico ilegal de persoas inocentes que simplemente buscan un futuro mellor para eles e para as súas familias, como fixemos por certo os galegos durante moito tempo, nun pasado non tan lonxano.
E tolerancia para superar a tentación da turismofobia, especialmente nesta Compostela na que, como recordou recentemente o señor arcebispo, “é a Catedral a que crea a cidade”. Pode e debe haber espazo para todos, por suposto, sempre desde o respecto e a tolerancia.
Señor Santiago,
Nun mundo asolado por mil e unha convulsións, por guerras devastadoras, por crecentes desastres climáticos, a intolerancia, a codicia, a indiferenza ante o sufrimento dos máis débiles, todo isto nos asola e por tanto invocamos a túa protección para o conxunto da humanidade de maneira que sexamos quen de redescubrir e experimentar o amor, a xustiza, a misericordia e o perdón, característicos todos dos valores cristiáns, e de calquera sociedade que busque o ben común.
Pedimos inspiración e acerto para todos os gobernantes e para cantas persoas se enfrontan á toma de decisións que van repercutir na vida dos demais; tamén para o Papa, sucesor de Pedro e conciencia moral da humanidade nun mundo necesitado de referentes.
En una España enfrascada en la polarización extrema, que precisa recuperar la credibilidad y la legitimidad de organizaciones e instituciones manchadas por prácticas impropias de personas decentes, urge una apuesta por recuperar la integridad y el respeto a la ley como patrones de conducta y garantes de un futuro mejor.
Para a Galicia dos nosos días facemos votos, Apóstolo Santiago, para seguir construíndo –coas achegas de todas e todos- unha Comunidade aberta, plural, solidaria, que o sexa cada día máis, afastada de calquera experimento que queira poñer en risco os avances logrados neste case medio século de democracia e autonomía.
Unha Galicia próspera, que sexa froito do esforzo compartido de todos: dos poderes públicos, das empresa privada, das persoas traballadoras, dos autónomos, dos asalariados; unha Galicia que respectando a casa común, a natureza privilexiada que nos foi legada, sexa quen de sacar proveito dos seus recursos naturais para mellorar a vida da xente.
Unha Galicia, en definitiva, de “bos e xenerosos”, unha Galicia mellor que a de onte, pero coa seguridade de que novas oportunidades están por chegar que nos farán mellores.
Ultreia et Suseia / Buen Camino para todos!