Activo un incendio forestal no concello pontevedrés de Meaño, parroquia de Xil
O lume iniciouse ás 00.11 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións supera as 20 hectáreas
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2025
A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello pontevedrés de Meaño, parroquia de Xil.
O lume iniciouse ás 00.11 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 5 axentes, 6 brigadas, 10 motobombas, 3 pas e 4 unidades técnicas de apoio.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.