O Servizo Galego de Saúde publica a relación provisional das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario

Correspóndense ás categorías de médico especialista en medicina do traballo, facultativo especialista de área de psicoloxía clínica, farmacéutico de atención primaria, fisioterapeuta, logopedista, odontólogo de atención primaria, terapeuta ocupacional, traballador social e dietista-nutricionista

Resultaron admitidos 5.882 aspirantes, a maioría na categoría de fisioterapeuta

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2025

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a relación provisional coa orde de prelación e a puntuación obtidas polos aspirantes admitidos no proceso de elaboración das listas de selección temporal en diversas categorías do Servizo Galego de Saúde.

O número de aspirantes admitidos por categorías foi de 5.882: 18 en médico especialista en medicina do traballo, 180 en facultativo especialista de área de psicoloxía clínica, 907 en farmacéutico de atención primaria, 1.793 en fisioterapeuta, 318 en logopedista, 409 en odontólogo de atención primaria, 504 en terapeuta ocupacional, 1.437 en traballador social e 316 en dietista-nutricionista.

A cifra de novas inscricións en relación ao pasado ciclo é de 1 en médico especialista en medicina do traballo, 15 en facultativo especialista de área de psicoloxía clínica, 86 en farmacéutico de atención primaria, 118 en fisioterapeuta, 35 en logopedista, 29 en odontólogo de atención primaria, 29 en terapeuta ocupacional, 135 en traballador social e 53 en dietista-nutricionista.

Así, o 8,28 % foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso.

As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Os interesados poderán presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días hábiles, ata o 14 de agosto.

Próximas publicacións

Proximamente publicaranse as listas provisionais no marco da Lei 17/1989, de 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da comunidade autónoma, e das categorías de oficios, prevención de riscos, grupos de xestión e técnico da función administrativa, enxeñeiros e técnicos de sistemas e tecnoloxías da información.

Data de actualización: 31/07/2025