Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08.30 h. de hoxe

Está activo un lume forestal no concello coruñés de Ponteceso, parroquia da Graña, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 20 hectáreas

Está activo un incendio forestal no concello coruñés de Ponteceso, parroquia de Brantuas, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 50 hectáreas

Segue activo o incendio forestal do concello coruñés de Ponteceso, parroquia de Cospindo, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 150 hectáreas

Quedou extinguido ás 23.15 horas da pasada noite o lume do concello coruñés de Porto do Son, parroquia de Miñortos, que finalmente afectou unhas 28,3 hectáreas de superficie arborada

Continúa activo o lume forestal do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Terroso, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 570 hectáreas, e no que foi preciso decretar a Situación 2 como medida preventiva

Mantense estabilizado o incendio forestal do municipio pontevedrés da Cañiza, parroquia do Couto, que afecta unha superficie dunhas 300 hectáreas

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2025

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 08.30 horas de hoxe, domingo.

Activo Ponteceso-A Graña

Está activo un lume forestal no concello coruñés de Ponteceso, parroquia da Graña, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 20 hectáreas. O incendio comezou ás 00.30  horas desta madrugada e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 axentes, 3 brigadas e 4 motobombas.

Activo Ponteceso-Brantuas

Está activo un incendio forestal no concello coruñés de Ponteceso, parroquia de Brantuas, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 50 hectáreas. O lume comezou ás 20.30 horas de onte sábado e, polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 2 técnicos, 6 axentes, 6 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 2 unidades técnicas de apoio e 1 helicóptero.

Activo Ponteceso-Cospindo

Segue activo o incendio forestal do concello coruñés de Ponteceso, parroquia de Cospindo,  que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 150 hectáreas. O lume iniciouse ás 16.12 horas de onte e, polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 1 técnico, 8 axentes, 11 brigadas, 7 motobombas, 3 pas, 3 unidades técnicas de apoio, 4 helicópteros e 1 avión.

Activo Vilardevós-Terroso, Activada Situación 2

Continúa activo o lume forestal do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Terroso, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 570 hectáreas. Neste incendio foi preciso decretar a Situación 2 como medida preventiva. Esta situación operativa de emerxencia declárase pola proximidade do lume aos núcleos de poboación de Dona Elvira e Enxames. A Dirección Xeral de Emerxencias xa levantou o confinamento dos núcleos de Dona Elvira e do barrio das Picotas.

O incendio iniciouse ás 23.04 horas do venres e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 4 técnicos, 33 axentes, 43 brigadas, 32 motobombas, 6 pas, 10 helicópteros e 10 avións. Ademais, por parte da Xunta solicitouse a incorporación aos labores de extinción de efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Extinguido Porto do Son-Miñortos

Quedou extinguido ás 23.15 horas da pasada noite o lume do concello coruñés de Porto do Son, parroquia de Miñortos, que finalmente afectou unhas 28,3 hectáreas de superficie arborada. O incendio comezou ás 02.52 horas da madrugada do sábado e para a súa extinción mobilizáronse 8 axentes, 10 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 2 avións e 2 helicópteros.

Estabilizado A Cañiza-O Couto, desactivada Situación 2

Mantense estabilizado desde as 19.57 horas do venres o incendio forestal do municipio pontevedrés da Cañiza, parroquia de O Couto. A Situación 2 neste lume desactivouse ás 12.22 horas do venres, polo que tamén se desmobilizou aos efectivos da Unidade Militar de Emerxencias, que estiveron colaborando nas tarefas de extinción.

Neste incendio decretouse, na noite do mércores, o confinamento da poboación de sete núcleos, unha medida preventiva que foi desactivada na mañá do xoves. O aviso, en ambos casos, xerouse por medio do sistema ES-Alert.

O lume iniciouse ás 16.23 horas do mércores en ata cinco puntos diferentes de forma case simultánea, o que apunta unha clara intencionalidade. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 300 hectáreas. Polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 15 técnicos, 45 axentes, 66 brigadas, 43 motobombas, 5 pas, 7 unidades técnicas de apoio, 7 avións e 10 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Data de actualización: 03/08/2025