Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20.00 h. de hoxe

Deuse por extinguido, ás 18.15 horas desta tarde, o incendio forestal da localidade ourensá de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau, que finalmente afectou 34 hectáreas de monte raso

Segue estabilizado desde as 00.01 de hoxe o lume forestal do municipio coruñés de Ponteceso, parroquia da Graña, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 100 hectáreas

Desde as 23.32 de onte tamén permanece estabilizado outro incendio neste mesmo concello, parroquia de Brantuas, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 170 hectáreas

Mantense así mesmo estabilizado un terceiro incendio no mesmo concello coruñés de Ponteceso, parroquia de Cospindo, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 200 hectáreas

Continúa tamén estabilizado dende as 22.38 horas de onte o lume forestal do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Terroso, no que tamén foi desactivada a Situación 2

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2025

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 20.00 horas de hoxe luns.

Extinguido Vilar de Barrio-Rebordechau

Desde as 18.15 horas de hoxe está extinguido o incendio forestal da localidade ourensá de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau, que finalmente afectou unha superficie de 34 hectáreas, todas elas de monte raso. O lume iniciouse ás 12.31 horas do domingo e para a súa extinción mobilizáronse, en conxunto, 1 técnico, 8 axentes, 24 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 6 avións.

Estabilizado Ponteceso-A Graña

Permanece estabilizado desde as 00.01 de hoxe o lume forestal do municipio coruñés de Ponteceso, parroquia da Graña, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 100 hectáreas. O incendio comezou ás 00.30 horas da madrugada do domingo e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 3 técnicos, 17 axentes, 17 brigadas, 21 motobombas, 2 unidades técnicas de apoio e 8 helicópteros.

Estabilizado Ponteceso-Brantuas

Desde as 23.32 de onte domingo permanece estabilizado outro incendio neste mesmo concello, parroquia de Brantuas, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 170 hectáreas. O lume comezou ás 20.30 horas do pasado sábado e, polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 5 técnicos, 18 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 3 unidades técnicas de apoio, 3 helicópteros e 11 avións.

Estabilizado Ponteceso-Cospindo

Continúa tamén estabilizado dende as 19.56 horas de onte o incendio do concello coruñés de Ponteceso, parroquia de Cospindo, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 200 hectáreas. O lume iniciouse ás 16.12 horas do pasado sábado e, polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 2 técnicos, 14 axentes, 15 brigadas, 12 motobombas, 3 pas, 3 unidades técnicas de apoio, 4 helicópteros e 1 avión.

Estabilizado Vilardevós-Terroso, desactivada Situación 2

Segue tamén estabilizado dende as 22.38 horas de onte, domingo, o lume forestal do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Terroso, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 570 hectáreas. Neste incendio foi preciso decretar a Situación 2 pola súa proximidade a núcleos de poboación, unha situación operativa de emerxencia que foi desactivada ás 22.15 horas de onte domingo.

O incendio iniciouse ás 23.04 horas do pasado venres e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 12 técnicos, 57 axentes, 77 brigadas, 49 motobombas, 6 pas, 12 helicópteros e 12 avións. Ademais, tamén participaron nos labores de extinción de efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Data de actualización: 04/08/2025