Diego Calvo aborda coa alcaldesa de Cambre posibles vías de colaboración para impulsar proxectos municipais nos ámbitos deportivo e das emerxencias
2025-08-08
/documents/35297/1811482/20250808VisitaCambre+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Cambre (A Coruña), 8 de agosto de 2025
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, realizou hoxe unha visita institucional ao concello de Cambre, na que abordou coa alcaldesa Diana Piñeiro posibles vías de colaboración para impulsar proxectos municipais, especialmente nos ámbitos deportivo e das emerxencias.
Segundo sinalou o conselleiro, o obxectivo é, xunto co Concello, mellorar a prestación destes servizos en beneficio da veciñanza. Nesta liña, cómpre salientar que a Xunta convoca cada ano distintas liñas de colaboración para o apoio ás administracións locais, ademais de contribuír ao funcionamento dos servizos de emerxencias locais, de competencia municipal.
Data de actualización: 08/08/2025