Martina Aneiros participa na presentación do VIII campionato de bodyboard Cidade de Ferrol
2025-08-12
/documents/35297/1822598/CampionatoBodyboard1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 12 de agosto de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na presentación da oitava edición do campionato de bodyboard Cidade de Ferrol que terá lugar entre os días 29 e 31 de agosto en Punta Penencia.
Aneiros destacou a relevancia deste evento deportivo para Ferrol que inclúe competicións da Liga Nacional 100 % Bodyboard, Liga Galega de Bodyboard e o propio campionato local de Bodyboard.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 12/08/2025