Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20.00 h. de hoxe
Está declarada a situación 2 a nivel provincial en Ourense, o que implica unha maior axilidade de medios e recursos da Comunidade autónoma e do resto de administracións para a provincia
Están activos os incendios de Maceda-Santiso (500 ha), Chandrexa de Queixa-Requeixo (3.500 ha), Chandrexa de Queixa-Parafita (100 ha), Ourense-Seixalbo (50 ha), Oímbra-A Granxa (80 ha), Ourense A Mezquita-A Esculqueira (100 ha), Dozón-O Castro (100 ha), Samos-Santalla (200 ha)
Están estabilizados os lumes de Montederramo-Paredes (120 ha), Vilariño de Conso-Mormentelos (180 ha), Vilardevós-Moialde (40 ha), Maceda-Castro de Escuadro (450 hectáreas) e Cartelle-Anfeoz
Están controlados os incendios da Fonsagrada-Monteseiro (150 ha), Verín-Mourazos (9 ha) e A Estrada-Souto (20 ha)
Está extinguido o incendio de Monfero-Queixeiro, que afectou unha superficie de 4,88 hectáreas dentro do Parque Natural Das Fragas do Eume
Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2025
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 20.00 horas de hoxe martes.
A CORUÑA
Extinguido Monfero-Queixeiro. Afecta o Parque Natural das Fragas do Eume
Ás 15.22 horas de hoxe quedou extinguido o incendio do concello de Monfero, parroquia de Queixeiro, que se iniciou ás 17.01 horas do domingo e que afectou a 4,88 hectáreas de monte arborado dentro do Parque Natural das Fragas do Eume. Para a súa extinción mobilizáronse 12 axentes, 17 brigadas, 8 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.
LUGO
Activo Samos-Santalla
Está activo, desde as 23.27 horas de onte, un lume no concello de Samos, parroquia de Santalla que, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta arredor de 200 hectáreas e evoluciona favorablemente. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 3 técnicos, 11 axentes, 23 brigadas, 24 motobombas, 5 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Controlado A Fonsagrada-Monteseiro
Permanece controlado desde as 14.42 horas do domingo o incendio forestal do concello lucense da Fonsagrada, parroquia de Monteseiro, que se iniciou ás 15.30 horas do martes día 5 e que, segundo as últimas estimacións, afecta arredor de 150 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 6 técnicos, 62 axentes, 89 brigadas, 86 motobombas, 3 pas, 8 helicópteros e 8 avións.
OURENSE
Está decretada a Situación 2 en toda a provincia, o que implica unha maior axilidade de medios e recursos da Comunidade autónoma e do resto de administracións para a provincia. Amplíase tamén o horario laboral do persoal e axilízanse os trámites coas diferentes administracións, especialmente coa Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Activo Chandrexa de Queixa-Parafita
Está activo un incendio forestal no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Parafita, que se iniciou ás 17.45 horas de hoxe e que, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de máis de 100 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 3 técnicos, 2 axentes, 5 brigadas, 4 motobombas, 4 helicópteros e 4 avións. Tamén se incorporaron ás tarefas de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Activo Chandrexa de Queixa-Requeixo
Continúa activo desde as 15.51 horas do venres o incendio forestal do concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta a arredor de 3.500 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 15 técnicos, 58 axentes, 87 brigadas, 48 motobombas, 9 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 13 helicópteros e 14 avións. Tamén se incorporaron ás tarefas de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Activo Oímbra-A Granxa
Está activo un incendio forestal no municipio ourensán de Oímbra, parroquia da Granxa, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 80 hectáreas. O lume iniciouse ás 14.39 horas de hoxe e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 1 técnico, 3 axentes, 5 brigadas, 2 motobombas, 1 helicóptero e 4 avións.
Activo Maceda-Santiso
Desde as 03.13 horas desta madrugada está activo un lume no concello de Maceda, parroquia de Santiso. Este incendio, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 500 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 16 axentes, 20 brigadas, 10 motobombas, 4 pas, 4 técnicos, 3 unidades técnicas de apoio, 8 helicópteros e 8 avións. Tamén se incorporaron ás tarefas de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Activo A Mezquita-A Esculqueira
Desde as 09.42 horas de hoxe está activo un incendio forestal no concello ourensán da Mezquita, parroquia da Esculqueira, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 100 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 2 axentes, 4 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 1 helicóptero e 4 avións.
Activo Ourense-Seixalbo
Activo un incendio forestal rexistrado ás 14.14 horas de hoxe na localidade ourensá de Ourense, parroquia de Seixalbo, que evoluciona favorablemente e, segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 50 hectáreas. Ata o momento mobilizáronse para a súa extinción 1 técnico, 6 axentes, 8 brigadas, 5 motobombas, 4 helicópteros e 4 avións.
Estabilizado Cartelle-Anfeoz
Está estabilizado desde as 16.55 horas de hoxe o incendio do municipio de Cartelle, parroquia de Anfeoz, que se iniciou onte ás 18.28 horas. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afecta rolda as 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 3 técnicos, 10 axentes, 16 brigadas, 9 motobombas, 2 unidades técnicas de apoio, 6 helicópteros e 2 avións.
Estabilizado Vilardevós-Moialde
Continúa estabilizado desde as 10.02 de hoxe martes o incendio forestal do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Moialde. Segundo as últimas estimacións, o incendio, que se iniciou ás 16.05 horas de onte luns, afecta arredor de 40 hectáreas e, polo de agora mobilizáronse na súa extinción 2 técnicos, 7 axentes, 12 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 1 unidade técnica de apoio, 4 helicópteros e 6 avións.
Estabilizado Montederramo-Paredes
Segue estabilizado desde as 10.35 horas de hoxe o incendio forestal do concello ourensán de Montederramo, parroquia de Paredes, que se iniciou onte luns ás 04.50 horas e que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 120 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo momento, 2 técnicos, 5 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas, 2 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 6 helicópteros e 5 avións.
Estabilizado Vilariño de Conso-Mormentelos
Desde as 23.37 horas de onte luns está estabilizado o lume do concello de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos, que segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 180 hectáreas de superficie afectada. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 14 axentes, 18 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 1 unidade técnica de apoio, 2 helicópteros e 4 avións.
Estabilizado Maceda-Castro de Escuadro
Está estabilizado, desde as 23.37 horas do domingo, o incendio do concello de Maceda, parroquia de Castro de Escuadro, que se iniciou o sábado ás 23.19. Na tarde de onte luns houbo unha reactivación deste lume e, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta arredor de 450 hectáreas. Iniciouse en entre cinco e seis puntos case simultáneos, o que apunta cara unha clara intencionalidade. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 5 técnicos, 27 axentes, 42 brigadas, 34 motobombas, 5 pas, 6 helicópteros e 10 avións.
Controlado Verín-Mourazos
Esta controlado, desde as 01.01 horas desta madrugada o incendio forestal do concello ourensán de Verín, parroquia de Mourazos, iniciado ás 13.15 horas de onte luns. A superficie afectada estimada provisional é de arredor de 9 hectáreas e, polo momento, para a súa extinción mobilizáronse 1 técnico, 6 axentes, 8 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 2 unidades técnicas de apoio, 3 helicópteros e 6 avións.
PONTEVEDRA
Activo Dozón-O Castro. Activada Situación 2
Desde as 14.32 horas de hoxe está activo un incendio forestal no municipio pontevedrés de Dozón, parroquia do Castro, que afecta unha superficie estimada de 100 hectáreas. Neste lume decretouse a Situación 2 como medida preventiva pola súa proximidade ao núcleo de poboación do Castro. Para a súa extinción mobilizáronse ata o momento 3 técnicos, 11 brigadas, 15 motobombas, 1 pala, 3 helicópteros e 2 avións.
Controlado A Estrada-Souto
Esta controlado desde as 11.50 horas de hoxe martes o incendio forestal do concello da Estrada, parroquia de Souto, que se iniciou o domingo ás 12.37 horas e que segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 20 hectáreas de superficie afectada. Para a súa extinción, mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 9 axentes, 18 brigadas, 17 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 4 helicópteros e 3 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.