A Xunta destina 35.000 euros a obras de mellora na escola infantil do Ventorrillo
2025-08-27
/documents/35297/1838679/20250827FotoDXFamiliaEscolaInfantilOVentorrilloACoru%C3%B1a1.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 27 de agosto de 2025
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, comprobou hoxe o resultado dos traballos de mellora realizados durante o verán na escola infantil do Ventorillo. A Xunta investiu 35.000 euros nunhas obras que consistiron na substitución de chans, o que redundará nunha maior comodidade para o persoal e nenos usuarios do centro.
Esta actuación súmase ás intervencións realizadas nos últimos años nesta escola infantil, coa renovación de toda a zona exterior de xogos e de varias aulas.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 27/08/2025