Activo un incendio no concello ourensán de Carballaeda de Valdeorras, parroquia de Casaio
O lume iniciouse ás 14.56 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 20 hectáreas
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2025
A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio.
O lume iniciouse ás 14.56 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 1 técnico, 3 axentes, 4 brigadas, 2 motobombas, 2 pas, 3 unidades técnicas de apoio e 3 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.