Estabilizado o incendio do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio
O lume iniciouse ás 14.56 horas de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 850 hectáreas
Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2025
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio, quedou estabilizado ás 21.28 horas de hoxe.
O lume iniciouse ás 14.56 horas de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 850 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 5 técnicos, 30 axentes, 45 brigadas, 32 motobombas, 4 pas, 4 unidades técnicas de apoio, 10 helicópteros e 4 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.