A Xunta destaca a contribución do proxecto 'Life Timber for all' á descarbonización do sector da construción da madeira

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2025

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, participou en Santiago na xornada de lanzamento do proxecto Life Timber for all sobre a “Descarbonización de estruturas de formigón mediante o almacenamento de carbono en sistemas estruturais mixtos madeira-formigón para unha arquitectura industrializada sostible na nova Bauhaus Europa”.

Fernández Ríos puxo en valor este proxecto que traballa e avanza na construción industrializada e na dispoñibilidade de produtos con baixa pegada e na hibridación de materiais e destacou a importancia da contribución desta iniciativa pioneira da Unión Europea á descarbonización do sector.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/09/2025