A Xunta afonda na colaboración para a xestión da biomasa co concello lucense de Paradela

Lugo, 12 de setembro de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, xunto coa directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse hoxe coa alcaldesa do concello de Paradela, Montserrat Mulet, para seguir colaborando con esta localidade nos labores de prevención de incendios forestais e de xestión da biomasa no municipio.

Esta cooperación enmárcase no convenio asinado entre a Consellería do Medio Rural, a empresa pública Seaga e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a creación dun sistema público de xestión da biomasa na rede de faixas secundarias, as máis próximas ás vivendas, un acordo ao que está adherido o municipio de Paradela.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/09/2025