O Servizo Galego de Saúde publica a relación definitiva das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario

Rexistráronse un total de 5.992 inscricións e foron admitidos 5.873 aspirantes

O 8,39 % foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se dá a coñecer a relación definitiva, coa orde de prelación e a puntuación obtida polos aspirantes admitidos no proceso de elaboración das listas de selección temporal de diversas categorías: médico especialista de área de medicina do traballo, facultativo especialista de área de psicoloxía clínica, farmacéutico de atención primaria, fisioterapeuta, logopedista, odontólogo de atención primaria, terapeuta ocupacional, traballador social e dietista-nutricionista.

Rexistráronse un total de 5.992 inscricións e resultaron admitidos 5.873 aspirantes. O 8,39 % foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso. Só resultan excluídas o 1,99 % das solicitudes presentadas.

O total admitidos por categorías foron: 18 en médico especialista de área de medicina do traballo; 178 en facultativo especialista de área de psicoloxía clínica; 907 en farmacéutico de atención primaria; 1.786 en fisioterapeuta; 317 en logopedista; 409 en odontólogo de atención primaria; 503 en terapeuta ocupacional; 1.437 en traballador social; e 318 en dietista-nutricionista.

O número de novas inscricións en relación ao pasado ciclo é dunha en médico especialista de área de medicina do traballo, 15 en facultativo especialista de área de psicoloxía clínica, 86 en farmacéutico de atención primaria, 119 en fisioterapeuta, 35 en logopedista, 29 en odontólogo de atención primaria, 29 en terapeuta ocupacional, 136 en traballador social e 53 en dietista-nutricionista.

As listas atópanse publicadas, á disposición dos interesados, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. Entrarán en vigor a efectos de chamamentos o 18 de setembro de 2025.

Próximas publicacións

Proximamente publicaranse as listas definitivas das clases da Lei 17 e das categorías de oficios, prevención de riscos, grupos de xestión e técnico da función administrativa, enxeñeiros e técnicos de sistemas e tecnoloxías da información.

Data de actualización: 17/09/2025