A delegada da Xunta en Ferrol comproba nas Somozas a evolución da construción da planta de revalorización de residuos de Valogreene Recinor

Martina Aneiros destacou que con proxectos coma este Galicia reforma a súa aposta pola economía circular ao tempo que mellora a competitividade do tecido produtivo e impulsa a xeración e consolidación do emprego

O proxecto, declarado polo Goberno galego como iniciativa empresarial prioritaria, permitirá a reutilización dunhas 40.000 toneladas anuais de residuos que ata o momento ían ao vertedoiro para a obtención dun cru pirolítico 

As Somozas (A Coruña), 26 de setembro de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do director xeral de Recinor, José Rilo, e o alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, comprobou esta mañá a evolución das obras de construción da planta de valorización de residuos que Valogreene Recinor está a habilitar nunha parcela de 14.000 metros cadrados no polígono das Somozas e que se atopan ao 75% de execución.

O proxecto, declarado pola Xunta como iniciativa empresarial prioritaria, permitirá a reutilización dunhas 40.000 toneladas anuais de residuos que ata o momento eran levadas ao vertedoiro para a obtención dun aceite pirolítico que será posteriormente reintroducido na cadea produtiva como materia prima secundaria para a obtención de hidrocarburos para transporte, materiais plásticos sintetizados e ceras sintéticas e o char -corrente sólida aproveitable na industria pesada-.

A delegada territorial destacou que con proxectos coma este, Galicia reforza a súa aposta pola economía circular ao tempo que mellora a competitividade do tecido produtivo e impulsa a xeración e consolidación do emprego. Así, segundo os datos aportados pola empresa crearanse 25 empregos directos e ao redor de 40 indirectos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/09/2025