A conselleira María M. Allegue asiste ao acto de clausura da 32 edición da Bienal de Pontevedra

Pontevedra, 26 de setembro de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participou esta tarde no acto de clausura da 32 edición da Bienal de Pontevedra, que tivo lugar no Pazo Provincial. Ao acto asistiu tamén o director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Manuel Lorenzo.

A Bienal, promovida pola Deputación de Pontevedra co lema Volver a ser humanos... ante a dor dos demais, volveu celebrarse neste 2025 na cidade despois de quince anos de paréntese. Reuniu a 60 artistas galegos e internacionais que presentaron obras con temáticas que abordaron desde os conflitos bélicos ata o cambio climático.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/09/2025