Extinguido o incendio do concello lucense de Pantón, parroquia de Pombeiro
O lume iniciouse o 18 de setembro ás 14.16 horas e finalmente afectou unha superficie de 1.805 hectáreas, das cales 1.517 se corresponden con monte arborado e 288 con raso
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2025
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello lucense de Pantón, parroquia de Pombeiro, quedou extinguido hoxe ás 17.39 horas.
O lume iniciouse o día 18 ás 14.16 horas e finalmente afectou unha superficie de 1.805 hectáreas, parte delas no concello de Sober, das cales 1.517 son arboradas e as 288 restantes rasas. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 25 técnicos, 273 axentes, 327 brigadas, 175 motobombas, 9 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 15 helicópteros e 12 avións. Neste lume colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.