Xogade arranca a súa 17º edición cun campionato de Cross na Illa das Esculturas no que participarán case 2.500 nenos e nenas

O evento, no que participarán 20 centros educativos da área de influencia de Pontevedra, terá lugar os días 1 e 2 de outubro

O delegado lembrou que a Xunta financia os seguros de accidentes dos deportistas federados de entre 6 e 16 anos

Pontevedra, 30 de setembro de 2025

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, presentou esta mañá o Campionato de Cross do programa Xogade que se celebrará os días 1 e 2 de outubro na Illa das Esculturas, en Pontevedra. 

Acompañado pola directora territorial de Presidencia, Xustiza e Deportes, Blanca García-Señoráns, o delegado informou sobre este evento deportivo que reunirá en Pontevedra a preto de 2.500 estudantes de ata 20 centros educativos da área de influencia de Pontevedra. 

As probas, que terán lugar de 10.30 horas ás 12.30 horas o mércores e de 10.15 ás 12.45 horas o xoves, inauguran a 17º edición deste programa co que a Xunta promove os hábitos de vida saudables e o exercicio físico nos centros escolares. 

O delegado rematou a súa intervención lembrando que o programa Xogade ten unha outra vertente pola cal a Xunta financia os seguros de accidentes deportivos aos atletas federados de entre 6 e 16 anos. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/09/2025