A Xunta reafirma o seu compromiso coas inciativas que fomentan o deporte adaptado e promoven a inclusión

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2025

A directora xeral de Persoas con discapacidade, Begoña Abeijón, participou na inauguración da terceira etapa das XIII Marchas Ciclistas Unificadas que organiza Special Olympics Galicia. Desde alí, reafirmou o compromiso da Xunta coas iniciativas que fomentan o deporte adaptado e garanten a inclusión das persoas con discapacidade.

Begoña Abeijón recoñeceu o esforzo dos participantes e das persoas de apoio que participaron esta mañá en Compostela na terceira etapa desta proba ciclista que rematou na Praza do Obradoiro. Nesta liña, puxo en valor este tipo de iniciativas que promoven a inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos sociais. 

Neste senso, Abeijón destacou a colaboración da Xunta con Special Olympics e que permite un ano máis organizar actividades deportivas adaptadas, promover o voluntariado e diferentes accións formativas. Así, destacou que na última década esta entidade recibiu máis de 2,1 millón de euros ao abeiro deste acordo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/10/2025