A Xunta destaca a campaña ‘XII Ruta de Pinchos de Teis’ como exemplo do papel dos centros comerciais abertos na dinamización dos negocios locais
Vigo, 7 de outubro de 2025
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na entrega de premios da XII Ruta de Pinchos de Teis, unha iniciativa impulsada por Zona Teis Centro Comercial Aberto co apoio da Xunta de Galicia, destinada a promover o comercio de proximidade e dinamizar o barrio vigués.
Alén destacou o éxito desta edición, que se desenvolveu entre o 19 de agosto e o 14 de setembro coa participación de doce establecementos da zona, como exemplo das sinerxías entre o comercio e a hostalaría local, xa que a clientela puido degustar pinchos, completar unha cartilla cos selos dos locais —sendo válidos tamén os dos comercios— e participar no sorteo de 250 euros en vales regalo para canxear nas tendas asociadas. O director xeral subliñou a relevancia deste tipo de accións para fortalecer o tecido comercial e social de proximidade, ao conectar aos consumidores cos negocios do seu contorno e contribuír á dinamización da economía local, segundo destacou.