A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Soutomaior
Vigo, 10 de outubro de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co alcalde de Soutomaior, Manuel Lourenzo Sobral.
No encontro, que tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta en Vigo, tamén participaron a delegada, Ana Ortiz, e o director territorial da Consellería en Pontevedra, José Manuel González. A conselleira e o rexedor abordaron actuacións de infraestruturas de interese no municipio, e neste eido, avanzaron na transferencia da titularidade da estrada autonómica PO-264 ao Concello.
A reunión enmárcase na liña de colaboración que vén mantendo o Goberno galego cos concellos, prestándolles apoio para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica da zona.