Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14.30 h. de hoxe

Está controlado o lume do municipio ourensán da Gudiña, parroquia de Parada da Serra, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta 60 hectáreas

Segue tamén controlado o incendio do concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia de Carboentes, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor 29 hectáreas

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2025

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 14.30 horas de hoxe luns.

Controlado A Gudiña-Parada da Serra

Ás 14.06 horas de hoxe quedou controlado o lume iniciado onte ás 19.45 horas no municipio ourensán da Gudiña, parroquia de Parada da Serra. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de 60 hectáreas. Para a súa extinción, mobilizáronse 1 técnico, 8 axentes, 14 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 2 avións.

Controlado Rodeiro-Carboentes

O lume do concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia de Carboentes, está controlado desde as 08.20 horas de hoxe. Iniciouse ás 14.26 horas de onte domingo e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 29 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse 2 técnicos, 7 axentes, 16 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 6 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Data de actualización: 13/10/2025