Medio rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 21.00 h. de hoxe
Extinguido o incendio do concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia de Carboentes, que afectou unha superficie de 29,3 hectáreas de raso
Tamén quedou extinguido o lume do municipio ourensán da Gudiña, parroquia de Parada da Serra, que finalmente afectou 67,83 hectáreas de monte raso
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2025
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 21.00 horas de hoxe luns.
Extinguido Rodeiro-Carboentes
O lume do concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia de Carboentes, quedou extinguido ás 20.38 horas de hoxe. Iniciouse ás 14.26 horas de onte domingo e finalmente afectou unha superficie de 29,3 hectáreas de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse 2 técnicos, 8 axentes, 18 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 6 avións.
Extinguido A Gudiña-Parada da Serra
Ás 20.33 horas de hoxe quedou extinguido o lume iniciado onte ás 19.45 horas no municipio ourensán da Gudiña, parroquia de Parada da Serra. Finalmente, este incendio afectou unha superficie de 67,83 hectáreas de monte raso. Para a súa extinción, mobilizáronse 1 técnico, 13 axentes, 16 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 2 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.