O bo ritmo das obras de renovación do pavimento na AG-53 adianta o corte da calzada dereita entre o enlace coa AG-54 e o da A-52 dende mañá ata o venres
O corte de tráfico levarase a cabo dende as 8 horas de mañá ata as 20 horas do venres
Na AG-53, na AG-54 e no enlace de Maside haberá carteis informativos indicando o itinerario alternativo
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2025
O bo ritmo das obras de renovación do pavimento na autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) adianta o corte da calzada dereita entre o enlace coa AG-54 e o da A-52 dende mañá ata o venres.
Debido á axilización destes traballos na AG-53 e á previsión de chuvias a vindeira semana, adiántanse as actuacións e dende mañá establecerase o peche da calzada dereita no treito entre os puntos quilométricos 79+000 e 87+000.
Este corte levarase a cabo dende as 8 horas de mañá ata as 20 horas do venres e afectará, de xeito máis concreto, ao treito entre o enlace coa AG-54, en torno ao punto quilométrico 79+000, e o enlace coa A-52 e a OU-402 no punto quilométrico 87+000.
A alternativa de circulación consistirá en que o tráfico se desvíe da AG-53 cara á AG-54, e desta, tomando a saída do enlace de Maside e circulando pola variante de Maside á N-541 en dirección Ourense ata a N-120, onde se poderá incorporar á A-52.
Na AG-53, na AG-54 e no enlace de Maside disporanse carteis informativos indicando o itinerario alternativo.
Cómpre lembrar que as afeccións ao tráfico na calzada esquerda da AG-53 se manterán segundo o planificado.
Enlace ao tramo cortado: https://maps.app.goo.gl/iC2LoMrVU9EXUyAL7
Nos seguintes enlaces poden consultarse os percorridos alternativos:
Desde Santiago (AG-53): https://maps.app.goo.gl/VgW97jrwn7BVchy79
Desde O Carballiño (AG-54): https://maps.app.goo.gl/sRLgSyR293GwNe8x6