Belén do Campo asistiu ao concerto conmemorativo do 33º aniversario da tuna de veteranos da Coruña

A Coruña, 15 de outubro de 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu, esta tarde, ao concerto conmemorativo do 33º Aniversario da Tuna de Veteranos da Coruña, celebrado no Teatro Colón.

O acto contou coa actuación da propia Tuna de Veteranos da Coruña como agrupación principal, ofrecendo un repertorio variado e cheo de emotividade.

Durante o concerto, participaron tamén dúas artistas convidadas —unha pianista e unha vocalista—, que colaboraron na interpretación de varios temas, engadindo un toque especial á velada. A presentación e condución do evento estivo a cargo de Xosé Ramón Gayoso, coñecido presentador da Televisión de Galicia (TVG).

A delegada da Xunta quixo destacar e recoñecer o importante labor desta entidade, que leva 33 anos contribuíndo á difusión da música, á promoción da tradición universitaria e ao enriquecemento da vida cultural da cidade da Coruña, mantendo vivo o espírito da tuna cun compromiso constante coa cultura e coa amizade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/10/2025