Extinguido o incendio forestal do concello lucense de Pantón, parroquia de Cangas
O lume deuse por extinguido ás 17.40 horas de hoxe e segundo as últimas medicións afectou finalmente unha superficie de 31 hectáreas, 20 de monte arborado e as 11 restantes de raso
Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2025
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello lucense de Pantón, parroquia de Cangas, quedou extinguido ás 17.40 horas de hoxe.
O lume, que se iniciou ás 01.46 horas de hoxe, afectou finalmente unha superficie de arredor de 31 hectáreas, das cales 20 corresponden a monte arborado e as 11 restantes a raso, segundo as últimas medicións. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 5 axentes, 8 brigadas, 5 motobombas e 1 pa.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.