A Xunta participa na Comisión provincial de violencia de xénero de Pontevedra
2025-10-20
/documents/35297/1887464/20251020+DXViolenciaXeneroComisionPontevedra.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Pontevedra, 20 de outubro de 2025
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, participou esta mañá na Comisión provincial de violencia de xénero de Pontevedra. Na xuntanza, avaliaron as necesidades e novas demandas para combater a violencia contra as mulleres ao mesmo tempo que se fixo fincapé na importancia da colaboración interinstitucional para seguir avanzando nunha sociedade máis igualitaria.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 20/10/2025