Medio Rural destaca a importancia do traballo desenvolvido polo Ligal para garantir e certificar a calidade do leite galego
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2025
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, reuniuse hoxe con representantes do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal) e das industrias da súa xunta directiva, co fin de abordar algunhas cuestións de interese para o sector lácteo da nosa comunidade.
Neste sentido, o director xeral puxo de relevo o importante traballo levado a cabo polo Ligal, que desenvolve un labor especialmente beneficioso á hora de garantir e certificar a calidade do leite galego e realizar o controis de rendemento, o que contribúe a consolidar o liderado de Galicia neste eido. A maiores, avaliaron a posibilidade de introducir novas analíticas que redundarán nunha mellora da calidade do leite que repercutan, ao mesmo tempo, na industria e nos consumidores.