Medio Rural avalía con representantes do sector agrogandeiro as medidas de prevención fronte á expansión da dermatose nodular contaxiosa

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2025

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo esta mañá un encontro de traballo con representantes das organizacións profesionais agrarias Unións Agrarias e Asaga. No encontro, entre outras cuestións abordáronse as medidas preventivas consensuadas entre a Xunta e o sector para facer fronte á enfermidade da dermatose nodular contaxiosa, que non está presente en Galicia, pero si nalgúns países europeos e en Cataluña.

Cómpre lembrar que hoxe precisamente o Diario Oficial de Galicia publica unha resolución da Consellería do Medio Rural sobre esta materia, cun paquete de iniciativas encamiñadas a protexer a cabana gandeira galega desta doenza e en cuxa elaboración participaron estas dúas organizacións agrarias, ademais doutros axentes do sector. Así mesmo, tamén se pode consultar na web toda a información sobre a materia, na seguinte ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/gandaria/sanidade-animal/programas-oficiais/dermatose-nodular-contaxiosa

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/10/2025