Xosé Merelles salienta o impulso da Xunta ao turismo deportivo co Xacobeo de ximnasia rítmica Viravolta-Jael que reuniu máis de 800 deportistas internacionais

O director de Turismo de Galicia participo una entrega de premios do desfile da Gala Internacional deste torneo que conta co apoio de Turismo de Galicia

Santiago de Compostela (A Coruña), 25 de outubro de 2025

O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, asistiu á Gala Internacional do Xacobeo de Ximnasia Rítmica Viravolta-Jael 2025, o evento con maior afluencia do IV Torneo Internacional Viravolta-Jael que se celebra esta fin de semana no Multiusos Fontes do Sar. Durante o encontro, exemplificou neste torneo -que conta co apoio da Xunta- o éxito que iniciativas deportivas teñen tamén desde o punto de vista turístico.

Neste sentido, salientou o traballo que Turismo de Galicia para impulsar o turismo deportivo, “un segmento no que traballaremos con máis forza durante o ano 2026 para seguir diversificando a oferta e o perfil de visitantes que chegan á Comunidade”. Neste sentido, puxo en valor o Torneo Viravolta que este ano reuniu máis de 800 ximnastas de nove países e 62 clubs, consolidando Santiago como un dos epicentros da ximnasia rítmica europea e atraendo centos de afeccionados e familias de toda Galicia e do norte de Portugal.

Entre as participantes destacaron Darja Varfolomeev (Alemaña), campioa olímpica e mundial; Anastasia Simakova (Alemaña); e as italianas Tara Dragas, Alice Taglietti, Sofia Aciobanitei e Jasmine Ramilo. A Selección Española estivo representada polo conxunto sénior –triple campión de Europa e bronce no Mundial– e polas deportistas Daniela Picó, Alba Bautista, Lucía González e Cristina Korniychuk.

Exhibicións individuais e conxuntas

A gala, presentada pola ex ximnasta olímpica Carolina Rodríguez e o xornalista Carlos García Verdugo, combinou exhibicións individuais e conxuntas cun espectáculo visual e emocional que puxo en valor o talento deportivo e artístico das participantes. Ademais, destacou pola súa vertente solidaria, xa que a recadación íntegra das entradas destinouse á Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).

O director de Turismo de Galicia salientou o impacto turístico, social e mediático deste tipo de citas, que “contribúen a proxectar Galicia como un destino preparado para acoller grandes eventos deportivos, con valores de superación, igualdade e solidariedade que se identifican plenamente co espírito do Xacobeo”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/10/2025