A Xunta pon en valor os 15 anos de traxectoria do centro de día de atención a persoas con alzhéimer de Ribeira
2025-10-30
/documents/35297/1895941/20251030+DXMaioresCDAlzheimerRibeira.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Padrón (A Coruña), 11 de agosto de 2025
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou na celebración do 15 aniversario do centro de día para persoas con alzheimer de Ribeira, que xestiona a entidade social Agadea.
Tras a visita, o director xeral destacou o importante labor que desenvolven este centro e o resto de servizos que confoman a rede galega de atención a persoas con alzhéimer e que conta con 560 prazas totalmente públicas. Trátase – recalcou- de servizos específicos que ofrecen unha atención e coidado de calidade a todas as persoas afectadas e un asesoramento aos seus achegados.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 30/10/2025