Arias subliña a calidade da Formación Profesional galega e celebra o éxito dos centros lucenses no ‘GaliciaSkills’

O delegado territorial da Xunta en Lugo recibiu aos estudantes da provincia que participaron neste certame, que pon en valor o talento da mocidade e o papel estratéxico destas ensinanzas

Lugo, 6 de novembro de 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, subliñou a calidade das ensinanzas de Formación Profesional que se imparten en Galicia, e indicou que cada vez máis estudantes optan por estes ciclos “que, pola súa concepción e desenvolvemento, están moi implicados co tecido produtivo local e teñen unha gran saída laboral”.

Arias recibiu hoxe aos participantes lucenses da última edición do Campionato Galego de Formación Profesional GaliciaSkills, que convocou a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional a semana pasada en Silleda.

Un total de 16 alumnos e alumnas da provincia conseguiron 12 medallas -5 de ouro e 7 de prata-, nas distintas modalidades de competición e demostración. Son estudantes do CIFP Politécnico, CIFP As Mercedes, IES Sanxillao e Centro de Educación Especial Santa María, de Lugo cidade, así como do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz e do Centro de Educación Especial Infanta Elena de Monforte.

O delegado gabou o papel que realizaron estes estudantes, “demostrando, unha vez máis, que en Lugo contamos con centros punteiros de FP”. Os gañadores da medalla de ouro representarán a Galicia na fase nacional do concurso, que está previsto celebrar en Madrid nos primeiros meses do 2026.

O ‘GaliciaSkills’ contou coa participación de case 250 estudantes, acompañados de máis de 200 titores, de 76 centros educativos de toda Galicia. Arias destacou que o certame constitúe o principal escaparate de promoción e visibilidade da Formación Profesional galega. Neste foro póñense en valor o talento, a creatividade e a cualificación técnica do alumnado, pero tamén o papel estratéxico destes ensinos no desenvolvemento económico, social e empresarial da comunidade.

A continuación figura a relación dos estudantes de centros lucenses que conseguiron medallas:

 

CENTRO

PERSOA GAÑADORA

PREMIOS

COMPETICIÓN: ATENCIÓN SOCIOSANITARIA

CIFP Politécnico de Lugo

Lucas Lemes Pereira

Medalla de prata

COMPETICIÓN: DESEÑO MECÁNICO – CAD

CIFP As Mercedes

Kevin Saavedra Rivas

Medalla de ouro

CIFP Politécnico

Laura Penas Corral

Medalla de prata

COMPETICIÓN: ELECTRÓNICA

CIFP Politécnico

Adán Campo Ramos

Medalla de prata

COMPETICIÓN: MECATRÓNICA

CIFP Politécnico

Xoel Teijeiro Prado

Abraham Martín Corral

Medalla de ouro

COMPETICIÓN: SERVIZO DE RESTAURACIÓN E BAR

IES Sanxillao

Aroa Reguera Vila

Medalla de ouro

DEMOSTRACIÓN: FABRICACIÓN ADITIVA

CIFP Politécnico

Eric González Rodríguez

Medalla de prata

DEMOSTRACIÓN: FARMACIA E PARAFARMACIA

CIFP Politécnico

Saray García Baamonde

Medalla de ouro

DEMOSTRACIÓN: TEC. VEHÍCULOS PESADOS

CIFP As Mercedes

Xabier Medela González

Medalla de prata

 

CENTROS DE EDUCACIÓN ESPECIAL: PEITEADO

CEE Santa María

Lorena García Rodríguez

Laura Méndez Gil

Medalla de ouro

CENTROS DE EDUCACIÓN ESPECIAL: SERVIZOS DE RESTAURACIÓN

CEE Infanta Elena

Alex Rodríguez Eiriz

Marly Dahianna Marín Marín

Medalla de prata

CENTROS DE EDUCACIÓN ESPECIAL: XARDINARÍA E VIVEIRISMO

CEE Santa María

Jennifer Fernández López

Adrián Salgado Rubido

Medalla de prata

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/11/2025