A Xunta festexa con Amicos o 25 aniversario deste entidade que presta servizo a máis dun centenar de familias

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou hoxe nun evento que reuniu a responsables, persoal, usuarios e familiares da asociación

Lousame (A Coruña), 8 de novembro de 2025

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, felicitou hoxe a Amicos polos seus 25 anos de traballo en favor da plena inclusión. Fíxoo nun encontro organizado pola entidade para conmemorar esta efeméride, que reuniu a directivos, profesionais, usuarios e familiares.

Begoña Abeijón destacou que Amicos dá servizo a máis dun centenar de familias a través dos seus centros de día, ocupacionais, educativos e da residencia. Ademais, sinalou que o labor que desenvolve a través destes recursos é fundamental para que os seus usuarios gañen en benestar e autonomía persoal. Neste senso, puxo en valor o labor desta entidade social, non só no coidado e atención que presta ás persoas con discapacidade, senón tamén no papel que xoga á hora de integralas na comunidade e facelos partícipes de proxectos medioambientais de alto nivel, que xa foron premiados a recoñecidos a nivel estatal e europeo.

A directora xeral manifestou que a Xunta seguirá apoiando á entidade na súa tarefa, a través do financiamento de máis de 100 prazas de atención diúrna e residencial, e tamén a través da colaboración nos seus programas de actividades e no investimento nos seus centros. Neste senso, lembrou que a Xunta investiu máis de 1,4 millóns de euros na ampliación do seu fogar residencial en Boiro, cuxas obras están a piques de concluír.

Data de actualización: 08/11/2025