A Xunta destaca a importancia de que as administracións públicas actúen de maneira coordinada contra a violencia de xénero

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2025

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, sinalou a importancia que ten actuar de maneira coordinada para previr, protexer e intervir ante agresións a mulleres pola condición de selo. Díxoo durante a súa participación nun curso para o acceso e permanencia na quenda de oficio á violencia de xénero organizado polo Colexio Provincial de Avogados da Coruña.

Roberto Barba informou sobre todos os recursos que a Xunta de Galicia pon á disposición das vítimas, os cales “son fundamentais para que se sintan arroupadas e poidan denunciar. Entre estes recursos, destacan unha ampla rede de acollemento por toda a comunidade, solucións habitacionais, unha prestación periódica que é única en España, axudas para favorecer o seu acceso ao mercado laboral ou atención psicolóxica e xurídica gratuítas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/11/2025