A Xunta avogar por poñer en valor e dar visibilidade ás voces, experiencias e memorias das mulleres en todos os ámbitos

Mondariz Balneario, 15 de novembro de 2025

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, subliñou hoxe a importancia que ten recuperar, poñer en valor e dar visibilidade ás voces, experiencias e memorias das mulleres en todos os ámbitos. Díxoo na inauguración do I Parladoiro Mulleres que Contan, que se celebrou no Balneario de Mondariz e que tamén contou coa participación da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño.

O programa deste encontro incluíu o desenvolvemento de tres mesas redondas: As mulleres da auga: turismo termal, traballo e memoria; Mulleres que emprenden: traballo, innovación e futuro no rural; e Creadoras e identidade oral: arte, literatura e memoria que contamos. O peche púxoo a actuación musical das Pandereteiras de Toutón.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/11/2025