A Xunta destaca o esforzo dos centros tecnolóxicos por colaborar e impulsar a innovación en Galicia

A directora da Axencia Galega de Innovación participa nunha xornada organizada pola Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia para visibilizar o seu traballo 

O Goberno galego apoia a estes centros para potenciar as súas investigacións, a transferencia de coñecemento e a dotación de infraestruturas científico-tecnolóxicas

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2025

A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, destacou hoxe na apertura da xornada R+I Summit in Galicia, organizada pola Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA), o esforzo dos centros tecnolóxicos galegos por reforzar as colaboracións co resto de axentes do ecosistema de I+D+i e impulsar así a innovación en Galicia. 

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP felicitou a ATIGA pola organización desta xornada, que permite visilibilizar o traballo que están a realizar e identificar novas oportunidades de colaboración con outros centros de investigación, universidades e tecido empresarial. A directora subliñou o importante papel que desempeñan os centros tecnolóxicos na transferencia de coñecemento ao tecido produtivo nun contexto no que a maioría do tecido produtivo son pemes e na internacionalización do noso ecosistema, pola súa capacidade para captar proxectos a nivel nacional e internacional e tracionar fondos cara Galicia, posicionando a I+G+i. 

Para reforzar este labor, a Xunta de Galicia apoia aos centros tecnolóxicos galegos a través de axudas directas para potenciar as súas liñas de investigación, reforzar a transferencia ao tecido produtivo e dotar de infraestruturas científico-tecnolóxicas para incrementar as súas capacidades. En 2025 convocáronse a través destas dúas liñas de axuda preto de 16 millóns de euros. Unha contía á que hai que sumar os apoios de forma indirecta a través doutras liñas de axuda ás que poden concorrer como Unidades Mixtas de Investigación, Nexos, Ignicia ou Doutoramentos Industriais, entre outras.

Mesa redonda 

Carmen Cotelo moderou tamén unha mesas redonda con representantes de empresas, centros de investigación e centros tecnolóxicos sobre as sinerxías entre os centros tecnolóxicos e os distintos axentes do ecosistema e como esta colaboración  está a xerar valor e novos nichos de mercado para as empresas galegas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/11/2025