A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia pon en marcha unhas xornadas para sensibilizar á cidadanía sobre o uso seguro de Internet no Nadal
O ciclo Prepárate para un Nadal ciberseguro ofrece solucións fáciles e prácticas para realizar compras online dun xeito seguro durante esta época festiva
A inscrición pode realizarse desde o portal da Rede CeMIT ou de xeito presencial nas aulas que participan
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2025
A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) inicia o vindeiro 21 de novembro un novo ciclo de sesións formativas en materia de ciberseguridade baixo o lema Prepárate para un Nadal ciberseguro.
Os obxectivos destas sesións son concienciar sobre os principais riscos de ciberseguridade durante o Nadal, ofrecer pautas sinxelas para realizar compras en liña seguras, axudar a identificar fraudes, estafas e trampas típicas destas datas e dar as claves para protexer xoguetes e dispositivos conectados que chegan como agasallo.
Celebraranse un total de 22 xornadas formativas en diferentes aulas da Rede CeMIT en horarios de mañá e de tarde. Todas as xornadas terán un compoñente eminentemente práctico e unha duración de 1,5 horas.
A Rede CeMIT
A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia autonómica, que conta coa colaboración de 90 concellos e está integrada por 93 centros. Entre os seus obxectivos está o de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.
Calendario de charlas
|
Aula CeMIT |
Data |
Horario |
|
Ribeira |
21/11/2025 |
12:00-13:30 |
|
Vigo |
24/11/2025 |
11:00-12:30 |
|
A Coruña |
21/11/2025 |
11:00-12:30 |
|
Tui |
03/12/2025 |
17:00-18:30 |
|
Pontevedra |
05/12/2025 |
10:00-11:30 |
|
Vimianzo |
24/11/2025 |
17:00-18:30 |
|
Cuntis |
10/12/2025 |
16:00-17:30 |
|
Valga |
18/11/2025 |
12:30-14:00 |
|
Leiro |
12/12/2025 |
11:00-12:30 |
|
O Vicedo |
20/11/2025 |
17:30-19:00 |
|
Celanova |
19/12/2025 |
16:00-17:30 |
|
O Porriño |
22/12/2025 |
11:00-12:30 |
|
San Sadurniño |
01/12/2025 |
12:00-13:30 |
|
A Cañiza |
16/01/2026 |
11:00-12:30 |
|
Abegondo |
11/11/2025 |
11:30-13:00 |
|
Guitiriz |
18/11/2025 |
10:15-11:45 |
|
Ortigueira |
26/11/2025 |
10:30-12:00 |
|
A Bola |
Pendente de confirmación |
|
|
Ames |
19/11/2025 |
09:00-10:30 |
|
Vilagarcía |
25/11/2025 |
12:15-13:45 |
|
Fisterra |
25/11/2025 |
10:30-12:00 |
|
Bande |
Pendente de confirmación |
|