A Xunta avanza na mellora das infraestruturas rurais e na loita contra incendios co Concello de Folgoso do Courel

Lugo, 21 de novembro de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse este mediodía coa alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro. O encontro, que tivo lugar na Delegación Territorial, centrouse nos avances da colaboración entre a Consellería e o Concello en materia de mellora das infraestruturas rurais do municipio, así como no reforzo dos labores de prevención e defensa contra incendios forestais. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/11/2025