A Xunta destaca o papel do protocolo na organización de eventos deportivos

A Coruña, 28 de novembro de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe no III Congreso Internacional de Protocolo e Organización de Eventos Deportivos, organizado pola Asociación Española de Protocolo, que reúne a referentes da xestión deportiva, do protocolo e da comunicación.

Na súa intervención, Diego Calvo destacou o axeitado que é o lema desta edición -unha cita coa excelencia, a innovación e o futuro do deporte-, xa que son os piares sobre os que precisamente tamén se asenta o traballo da Xunta para apoiar ao deporte galego. Ademais, incidiu no importante papel da organización e o protocolo na estratexia das organizacións deportivas e, en concreto, na organización dos eventos deportivos. No congreso de hoxe tamén se fixo entrega das medallas á excelencia deportiva e o conselleiro de Deportes recolleu o premio concedido á Xunta polo impulso do deporte galego. Entre os premiados destacan ademais o vicepresidente do Comité Olímpico Internacional, Juan Antonio Samaranch, ou o padexeiro Carlos Arévalo e a marchadora María Pérez, ambos dobre medallistas olímpicos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/11/2025