O conselleiro de Educación, Ciencia, FP e Universidades pechou a xornada de difusión desta nova modalidade formativa na que tres alumnos relataron a súa experiencia persoal

A Xunta lanza a segunda edición da FP acelerada con 506 prazas para cursar 23 ciclos de xaneiro a xullo

Román Rodríguez anima aos interesados a mellorar a súa cualificación a través desta iniciativa pioneira en España que o Goberno galego impulsa este ano de xeito novidoso

O prazo para presentar as solicitudes, que se tramitan a través do Portal Educativo, estará aberto ata o día 18 de decembro 

Trátase dunha modalidade de formación concentrada nun período de entre catro e seis meses que permite un acceso rápido ao mercado laboral

Ao abeiro desta acción formáronse xa 153 persoas na primeira fase que arrancou en setembro e remata agora en decembro

En 12 concellos de Galicia poden cursarse programas en sectores con alta demanda como agraria, comercio, edificación, mecánica, enerxía, hostalaría ou transporte

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2025

A Xunta de Galicia vén de lanzar a segunda edición da FP Acelerada con 506 prazas dispoñibles para cursar un total de 23 ciclos formativos en 16 centros integrados das catro provincias de xaneiro a xullo. O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o día 18 de decembro e os interesados deben realizar os trámites a través do Portal Educativo.

Así se expuxo hoxe con motivo da xornada de difusión desta nova modalidade formativa pioneira en España que clausurou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez. O encontro abriuno a directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e nel interviron para contar a súa experiencia tres alumnos que cursaron esta formación na primeira quenda de setembro a decembro que remata agora.

O titular de Educación aproveitou o encontro para  animar “aos mozos e aos non tan mozos” a aproveitar esta nova vía formativa para mellorar a súa cualificación e, deste xeito, ampliar o seu futuro profesional e persoal. Román Rodríguez explicou que a FP Acelerada é unha modalidade de formación rápida, concentrada nun período de entre catro e seis meses de duración, en función do ciclo de que se trate, que representa “unha dobre vantaxe” para alumnos e empresas. “Por unha banda, as persoas dispoñen dunha vía rápida de formación para ao acceso ao mercado laboral e, por outra, as empresas teñen un aceso máis áxil a persoal cualificado, sobre todo naqueles sectores onde hai máis demanda”, explicou.

Balance da primeira quenda

Na primeira quenda que arrancou en setembro e que conclúe en decembro houbo un total de 153 matrículas. Debido a ser unha modalidade piloto de nova implantación pensada para determinados grupos de poboación e, polo tanto, aínda pouco coñecida, a Xunta confía en que se irá asentando ano a ano, ao igual que sucedeu con outras iniciativas novidosas no seu día como foron os másteres de FP ou os títulos de alta especialización.

Esta modalidade, enmarcada no Plan FPGal360, inclúe tanto a formación no centro educativo como na empresa, e por tanto permiten que as persoas acaden, nun corto período de tempo, unha certificación profesional. O obxectivo último é mellorar a cualificación das persoas e abrirlles as portas ao mercado laboral en sectores concretos que precisan profesionais para traballar.

A través da FP Acelerada ofértanse un total de 23 programas en sectores con alta demanda de emprego como son Agraria, Comercio, Edificación e obra civil, Enerxía e auga, Fabricación mecánica, Industria alimentaria, Hostalaría e turismo e Transporte e mantemento. A oferta está dispoñible en 16 centros integrados de FP de 12 concellos.

TÍTULOS DA SEGUNDA EDICIÓN DA FP ACELERADA

*GB: grao básico; GM: grao medio; GS: grao superior

·         Provincia da Coruña

Concello

Centro

Ciclo

Prazas

A Coruña

CIFP Paseo das Pontes

GM Servizos en restaurante

22

A Coruña

CIFP Someso

GM Cubertas e impermeabilizacións

22

A Coruña

CIFP Someso

GS Planificación e supervisión da área de carrozaría de vehículos automóbiles

22

Ferrol

CIFP Ferrolterra

GM Fabricación de tubaxes e construcións e carpintaría metálica

22

Ferrol

CIFP Ferrolterra

GM Montaxe de instalacións de tubaxes e construcións e carpintaría metálica

22

Pontedeume

CIFP Fraga do Eume

GM Repostaría en restauración

22

Ribeira

CIFP Coroso

GS Control de calidade na industria alimentaria

22

Ribeira

CIFP Coroso

GS Xestión loxística e comercial na industria alimentaria

22

Santiago de Compostela

CIFP Compostela

GM Servizos en restaurante

22

Santiago de Compostela

CIFP Politécnico de Santiago

GM Montaxe de instalacións de tubaxes e construcións e carpintaría metálica

22

 

  • Provincia de Lugo

Concello

Centro

Ciclo

Prazas

Lugo

CIFP As Mercedes

GM Mantemento do motor de combustión interna e os seus sistemas auxiliares referente aos vehículos automóbiles

22

Lugo

CIFP As Mercedes

GM Preparación, protección e embelecemento de superficies de carrozarías

22

Ribadeo

CIFP Porta da Auga

GM Preparación, protección e embelecemento de superficies de carrozarías

22

 

  • Provincia de Ourense

Concello

Centro

Ciclo

Prazas

Ourense

CIFP A Farixa

GS Organización e proxectos de instalacións solares fotovoltaicas

22

Ourense

CIFP A Farixa

GS Organización e proxectos de instalacións solares térmicas

22

Vilamarín

CIFP de Vilamarín

GB Actividades básicas do departamento de pisos

22

 

  • Provincia de Pontevedra

Concello

Centro

Ciclo

Prazas

Pontevedra

CIFP Carlos Oroza

GB Venda en panadaría e pastelaría

22

Pontevedra

CIFP Carlos Oroza

GM Servizos en restaurante

22

Pontevedra

CIFP Montecelo

GB Operacións auxiliares e/ou básicas referentes ao mantemento e a reparación de vehículos automóbiles na área de carrozaría

22

Vigo

CIFP Manuel Antonio

GM Servizos en bar e cafetaría

22

Vigo

CIFP Valentín Paz Andrade

GM Mantemento dos sistemas de forza e trens de rodaxe referente a vehículos automóbiles

22

Vigo

CIFP Valentín Paz Andrade

GM Preparación, protección e embelecemento de superficies de carrozarías

22

Vilagarcía de Arousa

CIFP Fontecarmoa

GB Actividades auxiliares de almacenaxe

22

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/12/2025