A Xunta apoia o VIII Torneo de Nadal de Fútbol Sala organizado por Lugo Sala, que reunirá 77 equipos

O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na presentación das competicións, que congregarán a máis dun milleiro de xogadores nas diferentes categorías

Lugo, 4 de decembro de 2025

A Xunta apoia o VIII Torneo de Nadal de Fútbol Sala de base organizado por Lugo Sala, que reunirá 77 equipos e máis dun milleiro de xogadores ao longo dos cinco días nos que se desenvolverán as competicións.

O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na presentación da cita, que se celebrará os días 27 e 28 de decembro a fase autonómica e o 2, 3 e 4 de xaneiro a fase nacional.

A primeira reunirá 45 equipos en cinco categorías -dende prebenxamín a cadete-; e a segunda contará con 32 conxuntos en catro categorías -dende benxamín a cadete-.

Os organizadores destacaron que un ano máis este torneo de Nadal convocará ás mellores canteiras do fútbol sala galego e nacional. Dada a cantidade de participantes, desenvolverase en cinco instalacións deportivas da cidade.

Arias felicitou ao presidente do Lugo Sala, Marcos Pereira, e a todo o club polo traballo que realizan para fomentar o fútbol sala e o deporte base na cidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/12/2025