A Xunta reafirma o seu compromiso cunha minería moderna e segura na festividade de Santa Bárbara en Lugo
2025-12-04
/documents/35297/1941112/041225+Enxe%C3%B1eiros+minas.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 4 de decembro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu hoxe aos actos celebrados na cidade con motivo da festividade de Santa Bárbara, patroa dos enxeñeiros de minas.
Arias salientou o compromiso do Goberno galego cunha minaría “moderna, sostible e segura”, que avance na innovación, na explotación responsable dos minerais críticos e na xeración de valor no territorio.
Agradeceu ademais o labor dos profesionais do sector, “clave para garantir explotacións eficientes, respectuosas coa contorna e con máximas condicións de seguridade”.
Departamento:
C. de Economía e Industria
Data de actualización: 04/12/2025