A Xunta felicita ao equipo de fútbol feminino Victoria FP polo seu compromiso cos valores da igualdade de xénero e da inclusión

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2025

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, realizou hoxe o saque de honra no encontro da Terceira Federación FUTFEM disputado no campo municipal de Santa Isabel entre o Victoria Fútbol Club de Santiago de Compostela e o Victoria Club de Fútbol da Coruña.  

Estes saques de honra enmarcase nas actividades organizadas polo Victoria FC con motivo do décimo aniversario da creación da sección feminina do conxunto compostelá, que actualmente conta con máis de 110 licencias. O obxectivo é visibilizar a importancia das mulleres en todos os eidos da sociedade, reivindicando a súa presenza e liderado de cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.

A directora xeral felicitou ao club pola súa aposta pola formación integral das xogadoras e o seu compromiso cos valores de igualdade, comunidade e inclusión. Ademais, puxo en valor o labor do club en favor da igualdade de xénero, “apostando de xeito decidido polo deporte feminino”, e da promoción do deporte de base na cidade de Santiago.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/12/2025