A Xunta felicita á asociación de xubilados UDP ‘Lucus Augusti’ por levar 30 anos fomentando unha vida activa entre os asociados
2025-12-13
/documents/35297/1950476/Asociacion+pensionistas+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 13 de decembro de 2025
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, asistiu hoxe en Lugo á celebración do 30 aniversario da asociación de pensionistas e xubilados UDP Lucus Augusti. Arias puxo en valor o labor do colectivo para favorecer unha vida activa e participativa entre os asociados.
Apuntou que o Goberno galego aposta polo envellecemento activo con medidas como o Carné +65, que ofrece descontos no acceso a servizos culturais, de ocio ou sanitarios; e outros programas como o de Benestar en Balnearios, as Casas do Maior, a iniciativa Xuntos polo Nadal ou as aulas sénior.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 13/12/2025