A delegada da Xunta en Ferrol recibe á nova decana do Colexio de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de Galicia

Ferrol, 16 de decembro de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, recibiu esta mañá na Delegación Territorial a nova decana do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos (COIN) de Galicia, Beatriz Spuch, que tomou posesión do seu cargo o pasado mes de novembro.

Xunto ao seu nomeamento, tamén se renovaron os cargos de vicedecano e vocais territoriais do organismo colexiado.

Durante o encontro, a delegada coñeceu os principais retos que afronta a nova directiva en defensa dos intereses profesionais dos enxeñeiros navais e oceánicos que desenvolven a súa actividade laboral na comunidade e mostrou a colaboración da Xunta  na xestión de iniciativas que requiran da implicación da Administración autonómica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/12/2025