Arias destaca a colaboración da Xunta con Alucem no Día Nacional da Esclerose Múltiple
Lugo, 18 de decembro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe a mesa informativa instalada na explanada da Delegación Territorial por Alucem con motivo do Día Nacional da Esclerose Múltiple.
Arias gabou os numerosos servizos que ofrece a entidade aos lucenses afectados por esta enfermidade e destacou a colaboración que lles ofrece o Goberno galego en diferentes eidos, con axudas para a contratación de persoal técnico ou para o desenvolvemento dos seus programas sociosanitarios. Ademais, cedéuselles un local no barrio do Castiñeiro, que lles permitirá mellorar as condicións de atención aos usuarios.
Alucem, fundada no ano 1996, conta na actualidade con máis de 100 socios e atende a persoas de 13 concellos da provincia, que acceden na asociación a actividades que reforzan a súa autonomía e o seu benestar físico e social.