Rueda aborda co alcalde de Lousame posibles melloras viarias na localidade

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2026

O presidente da Xunta de Galicia e o alcalde do concello de Lousame, Esteban Ares, mantiveron esta semana unha xuntanza na que se abordaron diversas actuacións de mellora viaria na localidade.

Durante o encontro avaliáronse diferentes intervencións en vías e estradas do municipio coa finalidade de garantir as mellores condicións para o tráfico rodado e para os viandantes. Neste sentido, a Xunta executou nos últimos anos diferentes actuacións dirixidas á mellora viaria en Lousame, como a optimización do firme e ensanche da AC-308 ou o reforzo do firme no viario de Portobravo a Tállara dende a DP-1104 ata a DP-1105.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/01/2026